Archive for xuño, 2008
Eu tamém estou de acordo co comunicado que fizerom algumhas penhas celtinhas:
A consecuencia do partido Celta-Alavés do pasado domingo día 15 queremos facer público o seguinte comunicado:
Como afeccionados celtistas sentimos vergoña e noxo polo bochornoso espectáculo mostrado polos xogadores e que de ningún xeito son merecedores de vestir a nosa camisola celeste e, menos aínda, levar no seu peito o noso escudo.
Os celtistas sentímonos avergoñados da deplorable actitude mostrada por gran parte do noso plantel e feridos polas consecuencias que para os irmáns ferroláns acarreou a derrota perante o Deportivo Alavés. Dóenos como galegos e como celtistas.
Esperamos que por parte do Consello de Administración se busquen e estuden os medios para que os autores deste atentado á dignidade celtista non saian indemnes e reciban o seu merecido.
FORÇA CELTA!
FORÇA RACING DE FERROL!
chuzame - 












